Santa Comba homenaxea a Erundina no seu 105 aniversario

Erundina Antelo cumpriu 105 en Santa Comba

Non se cumpren todos os días 105 anos. Pero pola volta temos unha pasta de ferro. E se non que llo digan a Erundina Antelo Maceiras, que hoxe celebrou o seu 105 aniversario e ata a alcaldesa María Pose, e toda unha comitiva municipal pasou a visitala. Os concelleiros/as Esther Espasandín e Juan Carlos Pérez fixeronlle entrega dun ramo e unha medalla do concello neste día especial.

No acto participaron alguns dos seus fillos, netos e bisnetos. Nacida en A Pereira pero vive dende hai 80 anos en Barbeira. En total Mª Erundina ten 4 fillos, 4 netos e 5 bisnetos.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)