Mércores. 20.11.2019
El tiempo

Un cuarto da poboación da Costa da Morte vive fóra

Un cuarto da poboación da Costa da Morte vive fóra

Hai aproximadamente un ano facíamos unha valoración da poboación emigrante da Costa da Morte, apuntando que unha de cada catro persoas da zona vivía fóra. Pois a situación segue a ser semellante, e o problema da emigración segue a ser un dos máis importantes da zona. A crise, non axuda.

A falta de postos de traballo fai que milleiros de persoas teñan que marchar. E sobre todo a xente nova, a máis preparada, algo que perxudica seriamente o desenvolvemento da zona. Se a Costa da Morte queda nas mans da vella garda, a evolución levará eternamente "o ritmo caribeño da Costa" que fai que a día de hoxe sexamos unha das comarcas máis atrasadas e envellecidas de todo estado.

Malia que o voto emigrante non foi tan importante (a pesar das arducias de algún político da zona) e só 33.000 votos foron emitidos por correo en toda Galicia, facemos un repaso á poboación censada e á que vive fora dos concellos da bisbarra.

Concello nativoVive no ConcelloVive no estranxeiroVive en GaliciaVive en EspañaTOTAL
Cabana3873164815574909
Camariñas49074597571936226
Carnota39301996671084904
Cee460151823863137818
Corcubión913116676981803
Dumbría2840219603433705
Fisterra40831935881314995
Laxe2303222840523417
Malpica47292951165796178
Mazaricos4168152480544854
Muros797025312722099704
Muxía4286295773695423
Ponteceso46511921286866215
Vimianzo607054514291328128
Zas4096252901465395
TOTAL63.420------83.404

Porcentaxe de xente que vive do seu Concello nativo

Concello% que vive fóra do Concello
Cabana22
Camariñas21
Carnota20
Cee41
Corcubión50
Dumbría23
Fisterra19
Laxe33
Malpica23
Mazaricos14
Muros18
Muxía21
Ponteceso25
Vimianzo25
Zas24
MEDIA Costa da Morte25%

Facendo unha pequena análise dos datos vemos claramente que 1 de cada 4 habitantes nados nos concellos da Costa da Morte viven fóra a día de hoxe. Iso si, a meirande parte vive na mesma provincia, segundo se pode comprobar dos datos do INE, pero o resto de Galicia e España son destinos obrigatorios para milleiros de veciños, máis de 20.000 nos concellos que tratamos.

Sagrantes son os casos de Cee e Corcubión, aparentemente dos máis desenvoltos da bisbarra, e que superan ronda ao 50%, unha cifra realmente preocupante . E sen embargo, as zonas máis rurais, como Mazaricos ou Fisterra, non chegan ao 20% de emigrantes.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios