Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O 65% das 9.000 empresas da Costa son do sector Servizos

O 65% das 9.000 empresas da Costa son do sector Servizos
Empresas da Costa

Esta é unha das conclusións que nos traen os datos do Instituto Galego de Estatística. I é que na bisbarra, contando os concellos de Carballo, Coristanco e A Laracha, temos 9.113 empresas, das que o 65%, 5.895, pertencen ao sector servizos.

Hai Concellos nos que a porcentaxe de empresas adicadas aos Sevizos é maior, sendo Fisterra a máis destacada cun 82,5% de empresas adicadas ao turismo, principalmente. Por detrás, Muros cun 77%, Cee cun 74% ou Corcubión cun 73%.
Pola contra, o Concello que están menos centrado no sector servizos é curiosamente o de Cabana, cun 49,5%.

Vemos pois nestas cifras o peso do sector Servizos, do turismo, da hostelería... na Costa da Morte. Se a industria apenas supera o 10%, e a construción o 25%, e baixando, o potencial do turismo na Costa da Morte ten que convertirse no verdadeiro motor económico da zona. Aínda que nunca podería ser o único, se ben son moitas as zonas do país que viven del.

Por número de empresas

Carballo desestabiliza todos os datos, e por iso é o Concello destacado con maior número de empresas, 2.746, das que 1.783 son de Servizos. Por detrás, A Laracha, outro concello de corte industrial no que tamén os servizos son maioritarios. E xa na Costa, Vimianzo é o Concello con máis empresas, con 670 empresas, unha por cada 12 habitantes, unha media semellante ao do resto de concellos, se ben hai concellos como Carnota ou Fisterra que se achegan á empresa por cada 20 habitantes. Así, andamos na media galega de 70 empresas por cada 1.000 habitantes.

Cee está por detrás con 629 empresas, e así ata o máis pequeno, un Corcubión que non sabdemos de onde saca as súas 125 empresas. Imaxinade todo o que podemos dinamizar a través do proxecto Empresas da Costa.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC a través dos datos do IGE.

Comentarios