Domingo. 20.09.2020
El tiempo

815€ ao mes de media por un traballo na Costa da Morte

815€ ao mes de media por un traballo na Costa da Morte

Se a semana pasada nos preocupaban os datos de envellecemento da nosa bisbarra, esta semana o Instituto Galego de Estatística vén de publicar os da Enquisa de condicións de vida das familias de Galicia, que tampouco son nada esperanzadores.

O IGE, tras facer un estudio da Área da Costa da Morte, que abrangue aos 52.194 fogares e 139.831 habitantes dos 19 concellos das comarcas de Bergantiños, Soneira, Fisterra, Xallas, e Muros), achéganos datos preocupantes sobre o estado económico das nosas familias.

O primeiro é xa alarmante, e sinala que o Ingreso medio mensual por traballador na Costa da Morte é 815€ no ano 2010. A cousa é se cadra máis grave se ollamos que entre 2007 e 2009 a media era de 850€, e se vemos que a media de toda Galicia tonda os 1.045€ por empregado.

Isto provoca que un 40% dos fogares (uns 21.000) da bisbarra chegue con dificultade a fin de mes, mentres que outro 17% (uns 9.000 fogares) chega a duras penas con moita dificultade. Datos semellantes neste caso a todo o territorio do país.

Outro dato preocupante é o da Taxa de Risco de Pobreza (a porcentaxe de persoas cun ingreso equivalente inferior ao limiar de risco de pobreza de Galicia, que se establece no 60% da mediana de ingresos equivalentes). I é que se a media galega ronda o 13%, nas Costa da Morte pasados do 20,22%.

Pouca hipoteca e moito aforro

Sumerxíndonos un pouco máis na economía familia, entre os gastos máis habituais, a hipoteca supón o gasto principal para o 9.5% dos fogares (uns 5.000) da Costa da Morte.
Iso si, a Costa da Morte reivindícase como unha das zonas máis aforradoras do país. De feito, o 74% dos fogares da bisbarra (case que 40.000) aseguran ter aforrado en alimentos (con hortas da casa), e mais en reparacións como pintar, avarías... obras que facemos nós mesmos.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios