Segunda semana de agosto chea de verbenas na Costa da Morte

Algunhas das festas da finde

Chega unha segunda semana de agosto repleta de cousas que facer.

Como citas especiais destacamos a grandiosa Festa da Carballeira de Zas, emais o Mercado das Rutas do Mar de Muxía, que se completa o luns coa curiosa Fresta da Coronación Canónica da Virxe da Barca.

Pero ollo, que tamén temos festas a barrer:

  • Festas da Xunqueira de Cee, cos tradicionais fogos de artificio o día 15.
  • Festas de Laxe, que arrincan o domingo e culminan o mércores co Naufraxio.
  • Festas Patronais da de Torás A Laracha.
  • Festas do Carme de Sardiñeiro (Fisterra), con festa infantil incluída.
  • Festas de Nemeño (Ponteceso).
  • Festas de San Roque de Anllóns (Ponteceso), coa coa singular Baixada polo río este luns.
  • Festas de San Lorenzo de Agualada (Coristanco).
  • Merenda Campestre de Castrobuxán (Vimianzo).
  • 3ª Festa do Mexillón de Esteiro.
  • Festas de San Roque de Muros.
  • Festas do Pindo (Carnota).
  • Festas de Meanos (Zas).
  • Festas de Verdillo (Carballo).

 

 

Todas as citas na #AxendaCostadaMorte