Iago Guisamonde, o patrón máis novo da volta, pregoeiro do Mercado das Rutas do Mar

Falabamos con el sobre relevo xeracional no mar. Porque atopar un armador de só 29 anos non é habitual. De aí que o Concello de Muxía quixese poñelo de pregoeiro para o XIV Mercado das Rutas do Mar.
Falamos de Iago Guisamonde, natural de Nemiña aos mandos da embarcación O Saburil, un deses barcos da pesca artesanal que nos fai sentir tan orgullosos do noso mar. Guisamonde pasa por ser o patrón máis novo de Muxía e seguramente o máis novo de toda a Costa da Morte.
Guisamonde abrirá a festa o sábado ás 11:00h no balcón do Cabo da Vila. A partir de aí, un festival de postos de artesanía e gastronomía, teatro de rúa, acrobacias, maxia, pasarrúas, contacontos, música… todo nunha vila engalanada ao máximo pola veciñanza e pola empresa Rivendel (a do Mercado Medieval de Corcubión).