Segunda semana de agosto chea de verbenas na Costa da Morte

07:51 11/08/22
Chega unha segunda semana de agosto repleta de cousas que facer.
Como citas especiais destacamos a grandiosa Festa da Carballeira de Zas, emais o Mercado das Rutas do Mar de Muxía, que se completa o luns coa curiosa Fresta da Coronación Canónica da Virxe da Barca.
Pero ollo, que tamén temos festas a barrer:
- Festas da Xunqueira de Cee, cos tradicionais fogos de artificio o día 15.
- Festas de Laxe, que arrincan o domingo e culminan o mércores co Naufraxio.
- Festas Patronais da de Torás A Laracha.
- Festas do Carme de Sardiñeiro (Fisterra), con festa infantil incluída.
- Festas de Nemeño (Ponteceso).
- Festas de San Roque de Anllóns (Ponteceso), coa coa singular Baixada polo río este luns.
- Festas de San Lorenzo de Agualada (Coristanco).
- Merenda Campestre de Castrobuxán (Vimianzo).
- 3ª Festa do Mexillón de Esteiro.
- Festas de San Roque de Muros.
- Festas do Pindo (Carnota).
- Festas de Meanos (Zas).
- Festas de Verdillo (Carballo).