Solpor recoñece o labor de Xosé Regueira para co sector turístico da Costa da Morte

Xose Regueira Turismo Deputacion Coruna

A nova directiva da Asociación Profesional de Empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía, máis coñecida como Camiño do Solpor, quere recoñecer publicamente o traballo de Xosé Regueira Varela, vicepresidente da Deputación da Coruña e responsable da área de Turismo, pola súa dedicación constante á promoción do turismo sostible en Galicia, e en particular, na Costa da Morte. Un recoñecemento que merece unha atención especial tendo en conta que o presidente da entidade, Jesús Picallo, é voceiro do Partido Popular en Cee e Regueira é deputado e concelleiro do BNG.

"A súa visión estratéxica e a súa capacidade para comprender a esencia do noso territorio foron claves para consolidar o Camiño do SOLPOR como ruta diferenciadora, destacando non só o percorrido ata Fisterra e Muxía, senón tamén o traballo de máis de 132 empresarios asociados que, día tras día, constrúen un destino auténtico e hospitalario", escriben nun comuni."

"Sen o respaldo da Deputación da Coruña e, en particular, de Xosé Regueira, non teriamos acadado fitos tan significativos como a distribución de máis de 100.000 credenciais do Camiño SOLPOR"·, sinala Picallo. "Estas credenciais, agora convertidas en pasaportes turísticos, xa están dispoñibles en lugares clave como a Oficina do Peregrino de Santiago, aeroportos estratéxicos e estender o noso centro de información turística moito máis aló dos nosos centros de información turística de Galicia".

 

A nova Xunta Directiva de Solpor

"Xosé Regueira foi unha figura imprescindible para que as institucións a comprendan o valor do Camiño do SOLPOR como proxecto turístico con alma, que conxuga tradición, paisaxe, cultura, economía local e sustentabilidade. O seu apoio a campañas como "Unha paisaxe que sabe", a súa defensa do equilibrio entre promoción turística e respecto ao medio ambiente, e a súa proximidade aos axentes locais convérteno nun aliado imprescindible".

Na última Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o día 1 de abril de 2025 en Dumbría, os socios de SOLPOR valoraron de forma unánime o papel crucial das institucións acompañar ao sector privado no seu crecemento.

"Dende Camiño do SOLPOR reiteramos o noso compromiso de seguir traballando con aliados como Xosé Regueira, cos que compartimos unha visión de futuro baseada no traballo colaborativo, a posta en valor do patrimonio, a promoción do pequeno e mediano comercio, e o orgullo do que é noso.
Grazas Xosé, por camiñar ao noso carón", rematan.

 

Máis novas