O Camiño Fisterra-Muxía chega ata a World Travel Market de Londres

Jesús Picallo de Solpor coa Técnica de Turismo da Deputación da Coruña no stand da WTM de Londres

Dende hoxe ata o mércores, a Asociación Solpor leva o Camiño Fisterra-Muxía ata Londres a través World Travel Market (WTM), unha das feiras de turismo máis importes de Europa, onde se amosan as novidades e plataformas de promoción do sector turístico.

Tamén participa a Deputación da Coruña, ademais do Cluster de Turismo de Galicia e Turismo de Galicia. Unha boa ocasión para que a Ministra de Turismo Reyes Maroto e a Secretaria de Estado de Turismo de España coñecesen de de man do noso embaixador, Jesús Picallo, o noso Camiño. 

A través de talleres, reunións e presentaciónas as entidades comarcal, provincial e autonómica tratan de fomentar o coñecemento dos nosos produtos (ademais dos Camiños o proxecto Xacobeo) e posibilitar que maior numero de peregrinos e turistas se animen a percorrer estas rutas.

Durante esta semana, os  miles de visitantes que acolle a WTM de Londres poderán coñecer material promocional da provincia e, en concreto, destes dous itinerarios xacobeos que discorren íntegramente pola provincia da Coruña.


Jesús Picallo, á esquerda, con toda a plana maior do turismo galego e estatal. 


 

MÁIS NOVAS DO CAMIÑO.