Luns. 18.11.2019
El tiempo

De Lisboa a London promocionando o Camiño Fisterra-Muxía

Membros de Solpor de viaxe promocional en Lisboa
Membros de Solpor de viaxe promocional en Lisboa
De Lisboa a London promocionando o Camiño Fisterra-Muxía
De Lisboa a Londo promocionando o Camiño Fisterra-Muxía

Alá marcharon de novo varios membros da familia da Asociación Solpor a promocionar a Prolongación do Camiño Fisterra-Muxía. Desta volta participaron nunha xornada de traballo con touroperadores portugueses en Lisboa, acompañados pola Directora Xeral de Turismo Nava Castro e o presidente do Cluster Cesáreo Pardal.

Destacan dende Solpor que o mercado portugués é un dos que máis crece en canto a visitas na Costa da Morte. Un mercado moi interesante ademais para desestacionalizar o sector, pois está acostumado a subir as fins de semana e pontes de inverno ás Rías Baixas, e pouco a pocuo cómpre ilos atraendo ata a nosa comarca.

A partir do domingo, a expedición arranca para London, para participar na World Trade Market, unha das feiras internacionais máis importantes.

Máis novas do Camiño.

Comentarios