Venres. 19.04.2024
El tiempo

A protección e a promoción seguen sendo as liñas principais de Solpor

A Asociación Solpor, que con más de 140 socios segue sendo a Asociación máis numerosa do Camiño Fisterra-Muxía e un exemplo de cohesión para o resto dos Camiños, celebrou a súa asemblea.

Asemblea de Solpor
Asemblea de Solpor
A protección e a promoción seguen sendo as liñas principais de Solpor

Este pasado xoves celebraba a súa Asemblea anula no Hostel Monasterio de Moraime. Uns 15 socios achegáronse para facer o repaso de activdades realizadas durante o ano pasado, entre as que destacaron a presencia en ferias como a ITB Berlín, ou a Fairway.

Ademais da aprobación das contas, deuse conta das altas dos novos socios e da incorporación á nova directiva de Pilar Trillo, de Casa de Trillo, despois da calurosa benvida da pasada semana, e de Sergio Picallo do Hotel La Marina de Cee.

Falaron tamén das liñas de traballo nas que están inmersos, como son a protección e cuidado do Camiño, así como a promoción do Camiño, pois se mantén abierta a oficina en Santiago, en plena Carretas, en fronte de onde se entregan as 300.000 compostelanas.

Mesa da asemblea da Asociacion do Camino Solpor

Novas relacionadas

Comentarios