O Camiño Fisterra-Muxía chega ata a World Travel Market de Londres
Dende hoxe ata o mércores, a Asociación Solpor leva o Camiño Fisterra-Muxía ata Londres a través World Travel Market (WTM), unha das feiras de turismo máis importes de Europa, onde se amosan as novidades e plataformas de promoción do sector turístico.
Tamén participa a Deputación da Coruña, ademais do Cluster de Turismo de Galicia e Turismo de Galicia. Unha boa ocasión para que a Ministra de Turismo Reyes Maroto e a Secretaria de Estado de Turismo de España coñecesen de de man do noso embaixador, Jesús Picallo, o noso Camiño.
A través de talleres, reunións e presentaciónas as entidades comarcal, provincial e autonómica tratan de fomentar o coñecemento dos nosos produtos (ademais dos Camiños o proxecto Xacobeo) e posibilitar que maior numero de peregrinos e turistas se animen a percorrer estas rutas.
Durante esta semana, os miles de visitantes que acolle a WTM de Londres poderán coñecer material promocional da provincia e, en concreto, destes dous itinerarios xacobeos que discorren íntegramente pola provincia da Coruña.
Jesús Picallo, á esquerda, con toda a plana maior do turismo galego e estatal.
MÁIS NOVAS DO CAMIÑO.
- De Lisboa a London promocionando o Camiño Fisterra-Muxía
- Solpor dá #unMardeGracias e expón a marca de calidade do Camiño Fisterra-Muxía en Santiago.
- Solpor une lazos coa Deputación e expón a riqueza do destino Fisterra-Muxía en Andalucía.
- A protección e a promoción seguen sendo as liñas principais de Solpor