Unhas xornadas pradeiras no EFA Fonteboa

Antes da Poxa de Xovencas de Mazaricos, hai cita agrogandeira no Centro de Formación Rural EFA-Fonteboa. No marco do Programa de actividades de outono, o centro coristanqués prantexa estas II Xornada de Pradeiras.

O mércores 16 de Novembro, de 11.00 a 18:00 h, terá lugar a II Xornada de Pradeiras. Nesta edición tratarán sobre “MANEXO POST-XERMINACIÓN”. Os temas a desenvolver serán a identificación e prevención de enfermidades, a maquinaria de acondicionamento de pradeiras e o abonado de coberteira.

Participarán como poñentes técnicos e empresas do sector.

Máis información e inscricións

Vai dirixida preferentemente aos alumnos de Formación Profesional (CFGM de Produción Agropecuaria) e está aberta á participación de profesionais interesados no tema.

  • Prégase confirmar asistencia no 981 733 051 ou en fonteboa@efagalicia.org.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do EFA Fonteboa.