O Porco Celta loita contra o fraude da man da Slow Food


Cando as cousas fanse ben, ben parecen. E así o demostra que unha e outra vez as Xornadas de Porco Celta da Costa da Morte sigan tendo unha grande repercusión. I é que cando unhas xornadas técnicas as acompañas dunha boa degustación, o éxito está asegurado. De feito, máis de 100 persoas encheron a capela do Pilar tralas charlas para disfrutar a degustación da man de Carnicería Antelo.
Así o prantexaron dende a Asociación de Amigos de Porco Celta da Costa Morte nesta 4ª edición, na que a novidade foi a inclusión nas charlas do movemento Slow Food.
Con todo, dende a organización prantexan que se cadra para o ano hai que cambiar o formato, e no canto de charlas tan técnicas e serias, poderíase facer algo máis en plan tertulia, con debate aberto para que os asistentes, mentres degusten, sacien a súa curiosidade.
Contra o fraude

Por parte da ASOPORCEL falou a veterinaria Alba, que ademais de repasar datos da raza falou do eido comercial. E centrouse nun punto importante: o fraude. A entidade está a comezar a mirar a problemática pois xa houbo varias queixas de xente que está vendendo porco celta por algo que non é, o que implica un fatal fraude ao consumidor e tamén á marca. O organizador das Xornadas, José Luis Antelo, explícanos que "xa se está dando casos, sobre todo na hostelería, de algo que non nos imaxinaríanos hai anos: estase dando ibérico por celta, iso no mellor dos casos, porque noutros dan simplemente porco de granxa".
Antelo destaca que os 9 eleboradores que hai en Galicia están a recibir (aquí sempre máis tarde que en ningures) precintos e contraetiquetas do Consello de Garantía. "Hai que conseguir que a xente que compre porco celta teña a total garantía que sexa porco celta, como se está facendo coa Ternera Gallega", explica.
Coñecendo a Slow Food
Encarna Otero, unha voceiras máis activas do Convivium Galicia, explicou este movemento filosófico gastronómico mundial que pouco a pouco se espalla por Galicia. Ademais de presentalo en sociedade na vila corcubionesa (moitos dos asistentes non sabían de que se trata), Antelo aposta por darlle cara adiante. "Xa van 3 anos dende a súa presentación en Galicia e xa hai que poñerse a facer máis cousas". Lembren que a Costa da Morte é un alicerce fundamental do movemento no país.
"Restaurante km.0"
Otero falou dunha nova marca de calidade para establecimentos hostaleiros. Esta marca de Restaurante km.0 prantexarase para aqueles que teñan alomenos 4 produtos Slow na súa carta. O problema é que por agora só hai 3 produtos aprobados na Arca do Gusto (centola de Lira, millo corvo de Bueu e porco celta), pero xa hai outras razas autóctonas a piques de ser aprobados, como é a galiña de Mos. Ademais, estes establecimentos deberán estar a non mais de 100 quilómetros da orixe dos produtos.
Xornada de Porcino no EFA-Fonteboa

E continuando en materia porcina, achegamos o programa da IV Xornada de Porcinocultura que artella o Centro de Promoción Rural EFA-Fonteboa de Coristanco. Unhas xornadas que miran cara un futuro gandeiro coas ideas claras, como se demostra do título "Sostenibilidade ambiental e calidade da carne como valores de futuro".
A cita será este mércores 9 de novembro.
Máis información
Novas relacionadas
- O Porco Celta de Corcubión é un Larpeiro.
- Un outono sabroso en Vimianzo.
- O sur da Costa da Morte volve comerse o mar.
- Os cogumelos volven ser os protagonistas coas XI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte.
- Presentación do Convivium Galicia da Slow Food: A Costa comeza a "xantar de vagar".
- A Pataca Fina de Carballo vaise cocendo a lume lento.
- A Raínha Lupa revive cun Mercado Ecolóxico en Quilmas.
- 500 cogumelos máis nun novo libro micolóxico con semente da Costa.
- Achegando o sabor do mar ao interior.
- Entrevista con Manuel Gago: “O litoral da Costa ten propiedades hipnóticas”.
- A denominación de orixe da Costa da Morte triunfa no Forum Gastronomic de Girona.
- O Proxecto Berberecho, unha aposta pola diferenciación.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).