Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As explotacións gandeiras da Costa da Morte resíntense coa seca

As explotacións gandeiras da Costa da Morte resíntense coa seca

Os gandeiros da zona miran ao ceo. O e o fan agardando mollarse. I é que a escasez de chuvias no primeiro semestre do ano xá está a traer as primeiras consecuéncias nas explotacións gandeiras da Costa da Morte. Segundo nos informa a Federación Rural Galega - FRUGA , obsérvase un importante descenso da produción dos silos de herba, que segundo os casos supuxo entre un 20 e un 40% menos que no ano pasado. Ademais a recollida da herba seca está a evidenciar o que moitos labregos e labregas presaxiaban, que é a perda de até o 50% do volume da sua colleita anual, ademais dunha importate perda de cualidade da recollida.

Isto está a supoñer unha acumulación de perdas por máis de 7 millóns de euros na colleita de forraxes no primeiro semestre do ano na nosa bisbarra. E por se fóra pouco, as previsións non son moi boas, e de non aumentar a pluviosisade neste mesmo més periga a colleita do millo forraxeiro.

Gastando recursos

Esta seca xeralizada está a ocasionar a falta de recursos forraxeiros para o día a día das explotacións, o está a provocar que se teña que recurrir aos silos que normalmente non tiñan que ser utilizados até meses máis tarde.

De persistir esta situación as consecuencias poden ser aínda peores, xa que as altas temperaturas e a ausencia de precipitacións están a afectar gravemente ás sementeiras de millo forraxeiro, que apresenta um aspecto moi atrasado para a altura do ano no que nos atopamos.
Ademais estas condicións son moi propicias tamén para a aparición de pragas. De feito son moitas xá as leiras con afectacións de ata o 50% das prantas por insectos como o verme de arame e a rosquilla, sendo este último especialmente frecuente este verán.

As perdas chegan xa ao 11.000€ por explotación

Así as cousas as explotacións gandeiras da Comarca acumulan perdas de 4.500 euros de media, alcanzando nalgúns casos os 11.000. Este dato ácha-se tendo en conta non só a reposición (neste caso, a compra) deses forraxes, senón que tamén hai que incluir os gastos de labranza e abonado das leiras, custes que se disparan cando se depende de medios externos à explotación (contratación da maquinaria de sementeira, por exemplo), etc...

Isto supón que esteamos a falar de ao redor de 7 millons de euros en toda a Costa da Morte, onde subsisten ao redor de 1.600 explotacións gandeiras.

As escasas precipitacións que se están a recoller nestos dias apenas se están a notar nos cultivos, polo que só fica agardar coa vista posta no ceo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Federación Rural Galega - FRUGA.

Comentarios