![]()
A Deputación da Coruña, a través do
Plan Único, destina este ano un total de 963.506,26 euros para reducir a débeda dos concellos da comarca de Bergantiños e a Costa da Morte con entidades financeiras.
Camariñas, Cee, Cerceda, Coristanco, Fisterra, Laxe, Ponteceso e Vimianzo foron os oito concellos da zona que este ano solicitaron parte dos fondos do novo plan provincial para sanear as súas economías.
O Plan Único, dotado con 74 millóns de euros, que supoñen o maior orzamento nun plan na historia da Deputación, integra nunha soa convocatoria anual programas coma o POS, o PAS e o PAI e 11 liñas de subvencións, e ten coma un dos seus obxectivos estratéxicos completar o saneamento das economías dos 93 municipios coruñeses nun prazo de dous anos, segundo afirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.
En total, as axudas concedidas pola Deputación nos últimos dous anos para que os concellos da zona de Bergantiños e a Costa da Morte amorticen a súa débeda ascenden a 3.276.189,06 millóns de euros. “Nestes dous anos, estamos apreciando a utilidade dos distintos instrumentos que facilita a Deputación para que os concellos reduzan ao mínimo as súas débedas. O Plan Único continuará nesa senda e esperamos que ao final do mandato todos os municipios coruñeses conten cunha situación financeira que lles permita prestar máis e mellores servizos á cidadanía”, afirmou o presidente provincial.
Estas axudas consisten en
préstamos sen xuros e con ata catro anos de carencia, que os concellos poden devolver nun prazo de dez anos. Ao ter que devolver só o importe principal e contar cun longo prazo de devolución, supón un instrumento útil para que os municipios amorticen as súas débedas sen ter que pagar xuros ás entidades financeiras.
Entre as medidas destinadas a mellorar a situación financeira dos concellos coruñeses, o Plan Único incorpora tamén axudas para reducir a débeda dos concellos coas empresas subministradoras e reducir o período medio de pago a provedores. As bases do plan establecen a obriga de pagar aquelas facturas que excedan en máis de 90 días os prazos de pago que establece a lexislación vixente.
Un total de 24 concellos da provincia destinarán parte dos recursos que reciben a través do Plan Único a facer fronte aos pagos a provedores, por un importe total de 3.085.899,71 euros. Na comarca de Bergantiños, os concellos que solicitaron fondos para este fin foron Cabana de Bergantiños (6.602,06), Camariñas (14.353,46), Coristanco (695.542,23), Fisterra (78.834,57), A Laracha (1.601,52), Laxe (295.259,40) e Ponteceso (479.779,11).
CONCELLO |
PAI 2015-2016 |
REDUCIÓN DÉBEDA |
|
CABANA DE BERGANTIÑOS |
0 |
|
|
CAMARIÑAS |
116.019,01 |
46.773,19 |
|
CARBALLO |
74.604,06 |
|
|
CEE |
253.148,15 |
43.647,38 |
|
CERCEDA |
83.895,13 |
15.469,36 |
|
CORCUBIÓN |
36.077,51 |
|
|
CORISTANCO |
570.144,36 |
284.841,10 |
|
DUMBRÍA |
0 |
|
|
FISTERRA |
145.791,39 |
120.444,22 |
|
A LARACHA |
81.467,26 |
|
|
LAXE |
262.339,06 |
120.915,76 |
|
MALPICA |
79.475,36 |
|
|
MUXÍA |
0 |
|
|
PONTECESO |
458.743,36 |
227.887,35 |
|
VIMIANZO |
150.978,15 |
103.527,90 |
|
ZAS |
0 |
|
|
TOTAL |
2.312.682,8 |
963.506,26 |
3.276.189,06 |
Novas relacionadas
Fonte