Xan García deixa a Neria pero ameaza coas Eleccións Municipais

Chegou o día, tras 20 anos no cargo, no que Xan García Pouso presentou a súa dimisión como Secretario da Asociación Neria. Unha das entidades de maior peso nos últimos 25 anos na Costa da Morte, polo que pasaron a meirande parte dos fondos europeos destinados ao desenvolvemento dunha zona rural como a nosa.

Xan presentou a súa dimisión “irrebocable” (querría dicir irrevogable…) nunha rolda de prensa na mañá deste sábado 20 de decembro (por certo, a primeira á que fomos convocados dende a nosa existencia) e o fixo no medio dunha lea social tremenda, despois das denuncias públicas de extraballadoras, de deixar a entidade en quebra e con denuncias de posibles adxudicacións ilegais.

Xan marcha da Neria, pero non o fará da vida socio-política. I é que deixou moi claro que se vai presentar ás Eleccións Municipais de maio de 2015 con Converxencia Galega, como xa anunciara en abril.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).