Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Radiografía da Neria por unha ex traballadora

Radiografía da Neria por unha ex traballadora
Xan Garcia estivo sempre ben arroupado polas administracions

Non podemos deixar de escoitar esta entrevista da Radio Nordés, dada a súa relevancia. Unha ex traballadora, Amparo Oliveira, sae por fin á voz pública, e describe a situación da entidade surpamunicipal Neria nos últimos anos. Un entidade que leva canalizando os fondos europeos nos últimos 25 anos, ata a chegada de Diego Calvo á presidencia da Deputación, clave. Unha entidade que vén de declararse en quebra.

Amparo fala con claridade, sen tapuxos, do Secretario da entidade, Xan García, o verdadeiro armadanzas dunha asociación “sen ánimo de lucro”. E sabemos que hai cousas que non pode dicir publicamente.

En que mans estamos…

Malas novas da Inspección de Traballo

Denunciaba onte, paralelamente, o Foto Costa da Morte, que "a Inspección de Traballo xa actuou dúas veces contra Neria nos dous últimos anos por sospeitas de que tras despedir aos seus traballadores cubría as prazas con persoas sen contrato. Parece ser que as sospeitas confirmáronse e que na primeira actuación cacharon a 2 ou 3 traballadores en situación irregular. Na segunda visita pillaron outras tantas, entre elas unha rapaza que estaba en situación irregular no Faro, sinala o grupo creado como a href=37273>espazo de debate e denuncia na rede.

Vai máis alá o Foro, asegurando que "a raíz desas actuacións parece ser que Neria foi sancionada e que o secretario tivo que devolver cartos porque defraudou o INEM ao cobrar prestacións indebidas mentras traballaba para Neria".

A voz da Neria

Deixamos tamén a entrevista realizada por Josiño Mira ao presidente da entidade, Javier González, que non ao Secretario.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios