Sábado. 27.04.2024
El tiempo

As frechas azuis van ao xulgado

As frechas azuis van ao xulgado
A estafa da Ruta Costa da Morte Luis Espert Rubio

Enganáranos ata a nós, ensinándonos en 2011 este feixe de guías que editara, asegurando que xa publicara 5.000 exemplares. Luís Espert Rubio chegou dende Alicante para propoñerlle á Neria facer unha guía dunha ruta polo litoral da Costa da Morte. Seguro que moitos lembrades as frechas azuis que invadían os camiños antes que os pés verdes dos trasnos, pero a realidade é que os dous proxectos eran ben diferentes.

Rubio, en nome de Neria foi percorrendo a bisbarra pedindo polos locais aportacións de entre 50 e 200€ para saír nunha guía que nunca pisou unha libraría. Colleitou máis de 20.000€, imprimiu uns cantos para inetntar calar algunhas bocas críticas, pero non impediu que a Neria o denunciara por estafa, antes de que el mesmo o fixera e despois de ter os seus máis e os seus menos con Xan García.

Esta semana tiña lugar na Coruña o xuízo pola demanda da Neria contra Rubio, ao que chegaba esposado, pois está detido por outra estafa en Santiago. Desta saíu absolto, entendendo o xulgado que os cartos non eran da entidade.

Pero o exemplo de como enganar ás entidades que xestionan os nosos cartos, queda patente.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios