Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Agardando polos códigos Qr

Agardando polos códigos Qr

Preguntabámonos en xuño como ía o Centro de Coñecemento da Costa da Morte C3M, xa que en teoría, ía abrir as súas portas nese mesmo mes. Só fai falla pasar polo edificio que supostamente vai albergar o centro para ver que as cousas non van cara adiante.
Pero facendo un repaso aos proxectos que ten, "en marcha", a Asociación Neria, atopamos algún máis.

En xullo de 2009, o Ministerio de Industria, a través do Plan Avanza, anunciaba unha subvención de 360.000 euros para un proxecto innovador de promoción turístico: a "Rede de Contenidos Costa da Morte Móbil 2.0". Un proxecto moi movedoso, un proxecto pioneiro, que de feito situou a Costa da Morte nos xornais de todo o estado.
A Rede facilitaría información turística da Costa a través do móbil, incorporando os chamados códigos Qr ao patrimonio e aos establecimentos hosteleiros. É a empresa coruñesa Netbiblo a que desenvolve o proxecto, que tiña un prazo de finalización de 2 anos.

Así a Neria comprometérase a identificar ata 200 puntos da bisbarra (31 hoteles, 25 casas rurales, 17 concellos 6 oficinas de turismo, 21 lugares de Interese Cultural, 21 zonas de patrimonio artístico, 4 rutas, 6 pazos 3 miradores e 21 Bibliotecas), dotando algunhas zonas mesmo de rede wifi para facilitar o acceso dos turistas. A día de hoxe apenas podemos disfrutar desas “microcápsulas de coñecemento" a través do código QR nas Torres do Allo, no denostado Museo Seo de Corcubión,e nalgún que outro establecimento. Ademais, iso si, a entidade encargouse de editar unhas guías ao respecto, que se poden atopar na súa oficina.

Costa da Morte 2.0

O proxecto incluía tamén a creación dunha comunidade "Costa da Morte", que intentaron crear dende Facebook e Twitter, pero foi decaendo ata ser case residual na actualidade. Pero non só iso, a idea era a de crear unha rede social propia e para a Costa da Morte. Ademais, a web creada para o proxecto www.costadamorte20.com somentes ofrece un servizo de creación propia de códigos QR.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios