Venres. 26.04.2024
El tiempo

14 artistas expoñen De Faro en Faro

14 artistas expoñen De Faro en Faro
Presentacion da expo De Faro en Faro no Vilan-Foto-Maribel Longueira

Moi interesante a exposición colectiva que acolle o Faro Vilán dende este pasado sábado. Seguen traballando por dinamizar o simbólico Faro a Asociación de Empresarios de Camariñas, e desta volta, son 14 os artistas que participan na exposición “De Faro en Faro”.

Unha proposta que xunta artistas que traballan con distintas técnicas; pintura escultura, fotografía, performance, video e que se xuntan para compartir a súa persoal ollada creativa da natureza. Nestes espazos onde o horizonte, o mar, as ondas, as pedras son protagonistas así como unha construcción arquitectónica como é o faro sirve de obxeto de reflexión.
“De Faro en Faro” é unha homenaxe que os catorce artistas que participaron no III Encontro de Arte e Natureza de Faro Lariño (2013) fan ao Faro Vilán, unido así dous lugares máxicos de Galicia.

Os artistas invitados son María Álvarez, Jorge Valenciano, Astrid Filgueira, Francisco X. Fernández Naval, Maribel Longueira, Goretti Canario, Maika Fernandez, Irene Lumbreras, Fernando Lafuente, Pedro Avila, Soledad Pite, Enrique Tenreiro, Carmen Hermo, e Antón Sobral.

Artistas da expo De Faro en Faro no Vilan-Foto-Maribel Longueira

Novas relacionadas

Fonte

  • Empresarios de Camariñas.

Comentarios