Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Mostra do Encaixe contará con 14 delegacións internacionais

A Mostra do Encaixe contará con 14 delegacións internacionais

Impresionante a expansión do Encaixe de Camariñas. Xa o temos visto en pasarelas europeas pero as últimas novidades nos levan ata Rusia, Suiza ou Brasil, onde darán a coñecer por primeira vez o seu traballo na Capital do Encaixe.
I é que a XXII Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará do 4 ó 8 de abril, contará coa presenza de 14 delegacións internacionais chegadas dende puntos tan dispares como Rusia ou Brasil.

A concelleira delegada da Mostra, Sandra Insua refírese ao “Encontro Internacional do Encaixe” por ser un espazo no que se dan cita artesáns e institucións de diversas partes do mundo que traballan para por en valor unha artesanía tan antiga como o é o encaixe de ‘bolillos’.

As delegacións provirán de Inglaterra (Lace Guild), Francia (Vaouvert), Italia con dúas representacións (Novedrate e Offida), Portugal (Peniche), Bélxica (Brugge Kantstad), Bulgaria (Kalofer), Malta (Gozo) e Polonia (Bobowa). A novidade de este ano é a participación de dúas delegacións de Rusia (Moscú e Vladimirskj), a de Suiza (do cantón italiano Locarno) e Brasil (Florianópolis).

A delegada da Mostra, destaca “o forte carácter internacional do encontro e a gran oportunidade de aprendizaxe que xurdirá do intercambio de experiencias entre as palilleiras”. Asegura ademais sentirse moi contenta coa estrea de Suiza nesta nova edición da Mostra por ser o seu país de nacemento.

Un encaixe con historia

A orixe do Encaixe de Camariñas data da Idade Media xa que acadou o seu uso xeneralizado no século XV. Dende entón, pouco mudou a técnica artesanal de facelo, pero si o desenvolvemento de novos deseños. “O Encaixe de Camariñas mantén as súas orixes, tradición de traballo, metodoloxía e excelente calidade, co tempo foise adaptando ás novas tendencias téxtiles, para acadar máis exclusividade e prestixio”, explica Sandra Insua, quen xustifica a presenza da artesanía de Camariñas nas principais pasarelas internacionais de moda.

A concelleira considera que “será interesante ver a evolución e estilos de outras artesanías que quedan lonxe de Galicia, coñecer as súas diferenzas e similitudes e comprobar, unha vez máis, que o Encaixe de Camariñas é único”. Para Insua chamará especialmente a atención ás delegacións rusas que farán demostracións en vivo vestidas con traxes típicos das súas rexións, e traballan o coñecido ‘encaixe en cinta’ “empezase e rematase no mesmo sitio e normalmente utilizan un número fixo de bolillos, para formar usualmente motivos florais”, explica a edil.

O Encaixe de Vaovert (Francia) será outra das curiosidades que se poderá apreciar na Mostra do Encaixe de Camariñas, segundo a delegada da Mostra; nesa zona do litoral francés realizase encaixe en sal cristalizado. “Unha vez rematado o ‘labor’ báñano no mar, que nesa zona presenta altos índices de salinidade, posteriormente deixase secar ó sol, ata que o sal se cristaliza sobre o teixido deixando unha peza preciosa”, explica Insua.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Camariñas da man de Sandra Insua.

Comentarios