#AxendaCostadaMorte: Cultura e festas contra os temporais
De temporal en temporal e a ver se podo saír da casa... Así se presenta esta segunda fin de semana de febreiro, na que teremos varias actividades para realizar en interior, afortunadamente.
Pero antes de repasar as citas, achegamos o parte meteorolóxico que os compañeiros de 4gotas.com nos traen:
O venres tralo paso da borrasca Qumaira que deixou moito vento do toda a Costa, veremos un día de chuvascos e con vento forte á espera dunha nova fronte na tardiña que deixaría na noite e na madrugada do sábado chuvia e continuaría o vento.
O sábado outra vez sería un día de chuvascos intermitentes, algún deles puntualmente forte e con sarabia.
O domingo pode ser un día complicado. O mellor é permanecer atento aos prognósticos da web, 4gotas.com, porque poden ir cambiando.
Comezamos o venres e o facemos en Carballo, coa presentación do libro de naufraxios de Rafael Lema, e de seguido coa obra de teatro Voadora dentro do programa dos Venres Culturais.
Ademais, o venres arrincan as Festas de San Blas de San Tirso de Malpica, que continuarán sábado e domingo.
O sábado arrinca coa acción reivindicativa contra a nova lei do aborto que GalizaNova realizará en Cee.
Continuaremos, xa en clave de diversión, coa X Motofesta Xuntanza Invernal de Ponteceso, onde esperan disfrutar do ruxir dos motoroes e da música de verbena a pesar do tempo.
Pero pola tarde volveremos á loita co Finde re-evolucionario no Mosteiro de San Martiño de Ozón, onde se proxectarán varias documentais e se debatirá.
E se por Muros toca teatro infantil, a noite sabatina a protagonizará o concerto de Leo KCH en Cee.
E poderase completar a noite na Ruta do Atallo do Muxo de Muros, que presentan a Noite da Hora Tola, unha nova iniciativa para dinamizar a noite de copas e tapas muradá.
Pecharemos a fin de semana, coma sempre, coa cita dominical en Vimianzo con Disfunción Continua Teatro.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).