Carballo estrea dous meses de Venres Culturais


Monólogos, obras de teatro, monicreques, exposicións, maxia, música, cine… A oferta cultural do Concello de Carballo entre os meses de xaneiro e marzo concéntrase no completo programa Venres Culturais 2014. Serán preto de 20 citas, 2 espectáculos cada fin de semana, que combinan a proposta dos profesionais coa actuación de afeccionados do municipio.
E con grandes nomes, como o mesmo Quico Cadaval, que arrinca este venres o programa e que vén de falar coas compañeiras de TurismoCarballo nunha interesanrísima entrevista. Tamén estarán outros coñecidos como Cándido Pazó, Sondeseu ou Chystyan Magic.
Xa están á venda nas Oficinas de Cultura os Bonos Venres (16 € ou 12 € con prezo reducido) e os Bonos En Familia (9 € ou 6 €) para poder asistir a estes dous ciclos de espectáculos.
Un completo Programa

Máis información
Tendes todas as citas debulladas en www.axendacostadamorte.com e podedes ver máis imformación aquí:
- Vive Carballo: Programa dos Venres Culturais 2014 [pdf].
- Vive Carballo: Resumo do Programa dos venres Culturais.
- Turismo Carballo: Entrevista de Quico Cadaval.