O novo temporal Petra segue arrasando a Costa


Sen tempo a descansar, sen tempo a facer un pouco a fotosíntese e coller folgos, a marea de temporais arrecia á Costa da Morte. Non van dous días dende que o O temporal de mar "Nadja" deixou estampas impresionantes así como un regueiro de desfeitas. E ollo, que para xoves chega outra chamada "Qumaria", que tamén deixará refachos de 140 km/h pola zona de Fisterra.
Ao longo deste martes 4 de febreiro, a nova “Cicloxénese explosiva” chamouse "Petra", e tamén deixou cifras importantes, que coma sempre, nos sitúan á cabeza de toda Galicia e toda a península.
Segundo os datos de seguemento do Petra de 4gotas, xa se rexistraron refachos de 142 km/h en Fisterra, 140 en Vimianzo, 133 en Lira, Carnota, 121 en Malpica.
Santa Comba chegou a sufrir unhas chuvias tremendamente intensas, de 89 l/m2, a máis caudalosa de toda Galicia. O Coto Muíño, en Zas, con 53 l/m2, e Río do Sol, en Coristanco, con 45, tamén están entre as primeiras.
Máis danos materiais


E estas cifras traen as súas consecuencias. Por exemplo, en Ponteceso houbo varios problemas nas estradas. En Nemeño un muro caeu pola forza do vento, e na estrada de Anllóns ao Esto houbo desprendimentos que tamén obrigaron a cortalo tráfico.
Por Vimianzo, o habitual desbordamento do río provocou un auténtico mar, provocando graves danos nos establecimentos.


E como non, houbo algún animal tamén que sufríu as consecuencias:

Pero tamén houbo estampas bonitas, e se ben non houbo grandes ondas, si que puidemos ver a fervenza do Ézaro a un nivel espectacular, non tanto coma cun caudal 100 veces por riba do habitual, pero si que bastante fermosa.

Pois nada, esperamos polo seguinte.
Novas relacionadas
- 03-02-13: O temporal Nadja na Costa da Morte, todo un espectáculo.
- 29-01-13: A Balea de Corcubión continúa esfolándose no mar.
- 18-01-13: Os temporais achegan baleas, lobos mariños e arroaces ás nosas costas.
- 07-01-13: O mar de fondo deixou estampas impresionantes na Costa da Morte.
- 05-01-13: A carta dun veciño cabreado a Costas ante consecuencias do temporal.
- 22-10-13: O primeiro temporal deixa cifras alarmantes e vellos temores.
- 31-01-13: A Fervenza do Ézaro cun caudal 100 veces por riba do habitual.
- 21-01-13: O temporal Gong deixa a súa pegada con estampas curiosas.
- 14-12-13: O temporal sacude á Costa cun falecido.
- 16-10-12: O temporal atiza o vento e rompe muros.
- 26-10-12: Chegou o temporal.
- Temporal Novembro 2010: Máis imaxes do mar salvaxe na Costa da Morte durante o temporal.
- Temporal febreiro 2010: As primeiras imaxes do Xynthia na Costa da Morte.
- Ciencia e Tecnoloxía, con Mario Rodríguez Gómez: “Cicloxénese explosiva”.
- Estudio do Centro Fonteboa Na Costa da Morte chove máis dun tercio dos días.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).