sábado. 10.05.2025
El tiempo

Muros estreou a súa Ruta de Copas&Pinchos

Muros estreou a súa Ruta de Copas&Pinchos
Tapeando na nova ruta O Atallo do Muxo de Muros

Recuperar os bos tempos da noite muradá. Esa é a intención da nova ruta de Copas&Pinchos "O Atallo do Muxo", unha proposta de 4 dos máis míticos establecimentos muradáns para este curso. A idea dos bares A Caverna, O Bar, O Pouso e O Redondel, é a de achegar os pinchos tamén aos bares de copas, para dinamizar a festa nocturna.

Este pasado sábado era a estrea da ruta, e a organización valora a noite como todo un éxito. "Distintos estilos e ambientes se mesturaron esta madrugada sabática nos catro bares que forman a Ruta, onde puideron desfrutar dunha variada mostra de pinchos con cada consumición", sinalan.

Ademais, a organización da ruta ten xa deseñadas distintas propostas para dar continuidade a esta innovadora iniciativa e aumentar así a oferta de ocio nocturna na vila muradá. Poderedes seguir informándovos a través dos muros de “facebook” dos 4 locais que crean esta ruta, demostrando que a unión dentro dun sector é clave para medrar.

Xentes na noite mudara da Ruta O Atallo do Muxo A Caverna, por exemplo, puxo estas brochetas coas copas

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios