Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Coñecendo casos de éxito do turismo mariñeiro

Coñecendo casos de éxito do turismo mariñeiro
Cristina Garcia explicando aos empresarios de Camarinas

Continúa en marcha o programa formativo do “Plan de Dinamización do Sitio de Interese Nacional Cabo Vilán. Camariñas, o mar todo”. Un programa máis que necesario para formar ao sector hostaleiro da zona. Desta volta foron un grupo de 40 profesionais do mar de Camariñas os que participaron no Obradoiro de experiencias con empresarios galegos do sector mariño, para coñecer de primeira man casos de éxito de turismo mariñeiro.

Estas Xormadas de Turismo Mariñeiro consistiron en charlas con María Jesús Veiga, redeira da Asociación Illa da Estrela de Corme, e Alicia Carrillo, directora do Club Buceo Finisterre, departiron cos asistentes sobre inquedanzas, dúbidas e anécdotas nas súas correspondentes traxectorias profesionais.

Empresarios de Camarinas de visita en Cerdeimar

Tras esta cita formativa, desenvolveuse unha segunda parte máis práctica, que consistiu nunha visita ás instalacións de Industrias Cerdeimar. Foi o mesmo Andrés Cerdeiras, director xeral da conserveira, quen fixo o papel de guía, e quen animou aos profesionais do sector mariño a camiñar xuntos cara a excelencia da marca Camariñas a través dun sector en auxe, o turismo enfocado ao gran recurso camariñás: o mar. Industrias Cerdeimar é un dos exemplos de como unha empresa tradicional pode facer marca diversificando a súa actividade cara o turismo, no seu caso mariñeiro e industrial.

Continúa o calendario

As Xornadas de Turismo Mariñeiro están divididas en catro sesións formativas, e terán lugar ata o 25 de agosto no Centro Cultural Casa da Pedra. Ata o momento un grupo de vintecinco persoas acudiron a cada unha das tres sesións que se desenvolveron (contando coa presentación inicial). O Concello de Camariñas entregará certificacións de asistencia e contidos a quen que realice as 5 actividades.

As temáticas a tratar son transversais para dar a oportunidade aos participantes de adquirir os coñecementos que lles permitan crear no futuro inmediato as súas propias experiencias de turismo mariñeiro.

A seguinte das citas será o xoves 21 de agosto a partir das 10.00 horas e consistirá nunha excursión por unha vila mariñeira. As xornadas pecharanse o luns 25 cunha experiencia piloto de turismo mariñeiro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Empresarios de Camariñas.

Comentarios