Martín Amarelle e a Familia Ramos Rey entre os premiados da Gala Xalleiros
10 de febreiro de 2015 (19:31 h.)
O Concello de Santa Comba prepárase para unha das citas máis esperadas do ano. Este venres 20, o auditorio do Multiusos acolle a Gala Xalleiros 2015. Unha cita que serve para recoñecer a desinteresada labor dos veciños ilustres do concello.
A do ano pasado foi todo un éxito, e este 2015 esperan repetir.
Os premiados son xentes de sempre, coñecidas por todos, e faise a través de diferentes categorías:
- Premio Valores humanos na emigración: Martín Amarelle, o heroe xalleiro que ademais está a traballar un proxecto internacional contra o cancro.
- Premio á Labor Social: As monxas de Bazar.
- Premio Deporte: Familia Ramos Rey (Arturo, Dolores e o seu fillo Turi).
- Premio Cultura (música): O Garrote a título póstumo.
- Premio Toda unha vida: Perfecto Pereira.
Parabéns aos galardoados. Estaremos aló.
E para ir abrindo boca, aquí vos deixamos o vídeo da Gala do ano pasado: