venres. 16.05.2025
El tiempo

Martín Amarelle e a Familia Ramos Rey entre os premiados da Gala Xalleiros

Martín Amarelle e a Familia Ramos Rey entre os premiados da Gala Xalleiros
Gala Xalleiros Santa Comba-2015

O Concello de Santa Comba prepárase para unha das citas máis esperadas do ano. Este venres 20, o auditorio do Multiusos acolle a Gala Xalleiros 2015. Unha cita que serve para recoñecer a desinteresada labor dos veciños ilustres do concello.

A do ano pasado foi todo un éxito, e este 2015 esperan repetir.

Os premiados son xentes de sempre, coñecidas por todos, e faise a través de diferentes categorías:

  • Premio Valores humanos na emigración: Martín Amarelle, o heroe xalleiro que ademais está a traballar un proxecto internacional contra o cancro.
  • Premio á Labor Social: As monxas de Bazar.
  • Premio Deporte: Familia Ramos Rey (Arturo, Dolores e o seu fillo Turi).
  • Premio Cultura (música): O Garrote a título póstumo.
  • Premio Toda unha vida: Perfecto Pereira.

Parabéns aos galardoados. Estaremos aló.

E para ir abrindo boca, aquí vos deixamos o vídeo da Gala do ano pasado:

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios