O Apalpador xa anda polas escolas

Primeira vez que se divisa polas escolas da bisbarra a figura do Apalpador. Os afortunados, os cativos do C.E.I.P. Bergantiños de Carballo, das 14 aulas de infantil e primeiro ciclo de primaria, que lle renderon unha emotiva a benvida ao carboeiro.

O Apalpador fixo fincapé no agarimo e coidado da natureza, especialmente no que respecta ás especies máis sensibles da natureza galega, como o lobo. Quedou moi contento cos traballos cos que os nenos e nenas lle agasallaron e que reflexaban a preocupación e o agarimo da rapazada de Bergantiños por esta especie emblemática do vértice da cadea trófica.

Cómpre loubar o traballo de Senda Nova pola difusión deste persoeiro tan noso, así como o das escolas que fan por recuperar esta tradición.

O vello carboeiro de Trives seguirá percorrendo a comarca de Bergantiños.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Senda Nova