Mércores. 08.05.2024
El tiempo

O Apalpador contou o seu conto ás crianzas de Corcubion

O Apalpador contou o seu conto ás crianzas de Corcubion
O Apalpador vistou a Garderia de Corcubion

Camiñando, camiñando chegou o Apalpador a Corcubión

Que marabilla ver esas iniciativas da cidadanía que axudan a recuperar anacos das nosas tradicións. Unha desas fermosas historias chéganos dende Corcubión, onde o bo de Álex López, veciño comprometido con corazón de San Marcos, quixo espallar a figura dese “Rei Mago” galego, que baixa dende os montes do Courel polo nadal con castañas para os cativos que non teñen que comer.

Pintando ao Apalpador en Corcubion

Primeiro pasou polos máis cativos á mañá na Gardería pública, onde repartíu larpeiradas entre os pequechos, que cantaron e falaron co vello barbudo.

Á tarde pasou polo Colexio CEIP Praia de Quenxe. Alí a Anpa Alén, a responsable de moitas iniciativas tan fermosas como esta, tíñalle organizado unha benvida moi agarimosa. Repartiron saquiños con bolachas de chocolate en forma de castaña, xunto cunha carta para escribirlle ao Apalpador e unha lámina para pintar e recortar. Sobre as catro os nenos chamaron polo Apalpador e este apareceu co seu bastón e o seu saco. Falou con eles e contoulles o conto do Apalpador. As nenas e nenos quixeron darlle unha sorpresa e cantáronlle a canción de Paco Nogueiras -O Apalpador- con coreografía e con pasos de baile tradicional aprendidos pola mestra de música do Colexio.

Unha xornada inesquecíbel, para os nenos, e para o Apalpador corcubionés.

O Apalpador en Corcubion

O Apalpador

Programas de Nadal

Outras novas de Nadal

Fonte

Comentarios