Luns. 29.04.2024
El tiempo

Un Nadal máis co Apalpador

Un Nadal máis co Apalpador
Boneco do Apalpador

Disque o Apalpador, tamén coñecido co nome de Pandigueiro na comarca de Trives, é un pastor carboeiro que segundo conta a tradición, durante todo o ano fabrica carbón e xoguetes coa madeira das árbores das altas montañas e bosques nos que mora.

Así, durante a noitevella, baixa polas chemineas das casas do Courel e dos Ancares, e por extención de toda Galicia, para comprobar que os cativos estean ben mantidos. O Apalpador failles un exame de barriga, e no caso de intuila baleira, preparáballe unha "leitiña con purgazos", isto é, leite con castañas secas cocidas, emais lles deixa un brínquedo, isto é, un xoguete de madeira.

Un xoguete

Cada Nadal este persoeiro, semellante ao Olentzero eskaldún, estase recuperando máis e máis. E este Nadal podemos contribuir á recuperar esta historia tan nosa de varias formas. Podemos contarlle unha e outra vez esta a lenda do Apalpador aos nosos pequenos, e aos nosos maiores. Pero tamén podemos mercar algún dos produtos que xa hai á nosa disposición. Podemos mercar un dos bonecos, a modo peluche pero recubertos de tela, que ten repartido Xoguetes Rumboia por toda a xeografía galega, e que podedes seguir dende www.facebook.com/oapalpador.rumboiaxoguetes. Pero ollo, que tamén hai Apalpador en clave de letras, e, entre outros, podemos atopar os libros "O Apalpador" e "O Apalpador e a castaña máxica", de Xoán G. (www.apalpador.com) ou o libro "Antón e O Apalpador" (www.oapalpador.net). Ou simplemente coñecelo en www.oapalpador.tk.

Recuperando o Apalpador

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios