Os Recursos Naturais da Costa da Morte, os nosos mellores tesouros

E seguimos percorrendo a bisbarra a través da campaña do GDR Costa da Morte. Unha campaña de dinamización, coidado, e disfrute da nosa bisbarra. Unha campaña para sentirnos orgullosos do noso.

Desta volta recuperamos o terceiro spot da campaña para falar dos nosos Recuros Naturais, un dos nosos mellores tesouros. O vento, o mar, a terra verde, a auga que flúe polos ríos… Materias primas que serven para disfrutar e para ser fonte de “innovación e modernidade”.

Nós, pra vivir, tamén queremos Costa da Morte!


GDR-Costa da Morte

O GDR 3 abrangue unha ampla zona costeira, incluíndo Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas. Pretende afianzarse como núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do seu territorio de actuación. Así que se tes un proxecto empresarial, e necesitas axudas, non dubides en poñerte en contacto con eles.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte