Luns. 29.04.2024
El tiempo

O GDR subvenciona 3 novos proxectos en Vimianzo

O GDR subvenciona 3 novos proxectos en Vimianzo
Nova Convocatoria de Axudas do GDR 2014-2015

A asociación Costa da Morte GDR aprobaba esta semana 3 novos proxectos do Programa Leader, e os 3 de Vimianzo, que se unen aos outros 3 que anunciabamos a semana pasada nesta nova convocatoria de Axudas.

Os proxectos aprobados son:

  • 1.- Compra Equipo de Impresión Dixital (Vimianzo). O orzamento aceptado ascende a 18.309,73€, e o importe da axuda sitúase nos 6.316,86€, o que supón un 34,5% sobre o total.
  • 2.- Apertura de Centro de Servizos Funerarios (Vimianzo). O orzamento aceptado ascende a 218.116,33€, e o importe da axuda sitúase nos 85.065,37€, o que supón un 39,00% sobre o total.
  • 3.- Creación dunha Empresa de Elaboración i Envasado de Produtos Locais (Vimianzo). O orzamento aceptado ascende a 57.739,43€, e o importe da axuda sitúase nos 22.691,60€, o que supón un 39,3% sobre o total.
Tódolos proxectos contan coa verificación do ICE (Informe de Control de Elexibilidade) por parte de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) e foron aprobados en firme pola Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR e agora remítenselle estas aprobacións a AGADER para que emita as resolucións e lle las envíe directamente aos promotores.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios