Luns. 29.04.2024
El tiempo

Unha fábrica de piensos e unha carpintería melloran a súa maquinaria coas axudas do GDR

Unha fábrica de piensos e unha carpintería melloran a súa maquinaria coas axudas do GDR
Nova Convocatoria de Axudas do GDR 2014-2015

A Xunta Directiva da asociación Costa da Morte GDR aprobou o pasado venres na súa Xunta Directiva, as contas e Orzamentos do curso, así como 2 novos proxectos do Programa Leader, que permiten que unha carpintería e unha fábrica de piensos, ambas de Vimianzo, melloren as súas capacidades coa adquisición de maquinaria:

  • 1) Compra dun Equipo Astillador de Madeira (Vimianzo). O orzamento aceptado ascende a 201.400,00€, e o importe da axuda sitúase nos 78.848,10€, o que supón un 39,15% sobre o total.
  • 2) Implantación dun Sistema de Adición de Lípidos en Fábrica de Piensos (Vimianzo). O orzamento aceptado ascende a 106.679,00€, e o importe da axuda sitúase nos 43.044,98€, o que supón un 40,35% sobre o total.

Aprobáronse as Contas Anuais de 2013 e o Orzamento do 2014

A Xunta Directiva aprobou a Conta de Perdas e Ganancias de 2013 na que hai un excedente de 3.172,00€ así como o Balance de Situación no que figura un Activo = Patrimonio Neto e Pasivo por un montante de 47.236,88€.
Aprobou tamén a renovación póliza de Crédito de 30.000,00€.

Ademáis acordouse convocar a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Costa da Morte – GDR para o vindeiro venres 30 de maio de 2014 ás 20,00 h en 1ª convocatoria e ás 20:30 h en 2ª convocatoria na Casa de Cultura do Concello de Vimianzo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios