Un dos últimos chocolates artesanais do Estado sobrevive en Bergantiños

Hai sabores que quedan no padal por sempre. E probablemente un dos que quede gravados nos de centos de veciños de toda Galicia sexa o de Chocolate Mariño. E en tempos de globalización, onde imperios ou marcas brancas copan o mercado, pequenas apostas artesanais sobreviven dándolle sentido ao comercio local.

A través da nova sección sobre os "Comercios de toda a vida" de Turismo Carballo, recuperamos hoxe a labor desta fábrica fundada en 1927, nada menos, que se convirte nun dos poucos lugares do Estado onde o chocolate se fabrica artesanalmente. Un valor da nosa economía, do noso patrimonio, e do noso atractivo turístico.

Case un século de historia

Foi José Mariño, pai de Severino o actual responsable do negocio xunto á súa esposa Teresa Muñiz, o que levantou o negocio aló polos anos 20. Un negocio que viu pasar a ditadura de Primo de Rivera, o reinado de Alfonso XIII, a República, a Guerra Civil, a ditadura franquista, a transición, a democracia....

Lembran Severino e Teresa aqueles tempos nos que o chocolate tiña que esperar polos funcionarios do estado, e para o pobo quedaba a cascarilla, verba que serve ademais de xentilicio dos coruñeses, que sempre foron moito de amosar moito por fóra e ter poco dentro da casa. Curioso é que a cascarilla a día de hoxe volve ser un produto demandado e moi buscado para preparar infusións.

Ala, a rillar o Chocolate Mariño.

Receitas do Outono carballés

Fonte e máis información