Luns. 29.04.2024
El tiempo

Receitas do Outono Carballés: Lasaña de pasta caseira con boletus e castañas

Receitas do Outono Carballés: Lasaña de pasta caseira con boletus e castañas
Lasana do Vesubio na Receita do Outono Carballes Miguel Guiaquinto do Vesubio de Carballo

Visitamos hoxe un dos nosos establecimentos preferidos de Carballo, a Trattoria Vesubio, no marco das Receitas do Outono que nos brinda Turismo Carballo. E o facemos da man do seu coñecido cociñeiro, Miguel Guiaquinto Arán. De pai napolitano e nai carballesa quixo traer todo o seu amor pola pasta e en 1992 abriu o primeiro local de comida italiana de Carballo.

Difícil xa de atopar en Galicia un local que faga a pasta, pois aquí, no Vesubio, a pasta é feita na casa.

Para esta lasaña con boletus e castañas prepararemos a pasta por un lado, a bechamel polo outro e douramos os boletus e as castañas no aceite de oliva con allo picado polo outro. Incorpórase un fondo de pasta e a partir de aí só toca reencher, como podedes comprobar na receita completa.

Receitas do Outono carballés

Novas relacionadas

Fonte e máis información

Comentarios