Luns. 29.04.2024
El tiempo

Receitas do Outono Carballés: Polvo con grelos da Pedra

Receitas do Outono Carballés: Polvo con grelos da Pedra
Polvo con grelos de Gustavo Fernandez no Resturante A Pedra

Achegamos hoxe a última receita do Outono Gastronómico Carballés, e o facemos cun polbo á arousana con grelos na tasca-restaurante A Pedra. Falamos tamén con Gustavo Fernández Lage, cociñeiro e propietario de A Pedra que nos conta a historia do establecimento.

Coceremos o polvo pero ollo, con auga sen sal nin ningún outro condimento. Importante este paso, para o que esperamos a que ferva a auga e introducimos e sacamos o polbo da auga sete veces. Para un exemplar duns catro ou cinco quilos, será preciso deixalo a cocer durante uns cincuenta minutos a lume alto. Unha vez cocido, cortámolo en anacos.

Cos cachelos e os grelos cocidos noutra pota, desta volta si que con unha pizca de sal e aceite, preparamos o prebe con pemento doce e cos cachelos e aos grelos salteados.

Receitas do Outono carballés

Novas relacionadas

Fonte e máis información

Comentarios