Luns. 29.04.2024
El tiempo

Un Milfollas de segredo de porco ibérico para estrear as receitas do Outono carballés

Un Milfollas de segredo de porco ibérico para estrear as receitas do Outono carballés
Milfollas de segredo de La de Bur

Están tendo as propostas gastronómicas un protagonismo especial neste outono. En plena campaña dos alimentos salvaxes da Costa da Morte, e vemos como Concellos como Vimianzo apostan pola arqueogastronomía, aí é nada.

En Carballo, trala inciativa "Dalle un bocado ao FIOT", que combinaba teatro cobo comer, comezan unha nova sección gastronomía de outono. Dentro do proxecto "Carballo a un paso", un proxecto de dinamización turística, cada semana visitarán un restaurante de Carballo para que preparen unha receita. O obxectivo é promocionar conxuntamente a hostalería, a gastronomía e os produtos de Carballo, e o poderemos seguir dende QPC e mais dende www.turismocarballo.com.

Hoxe traemos a primeira, dende o Restaurante "La de Bur", que nos deleita con este "Milfollas de segredo de porco ibérico e cogomolelos, gratinado con queixo provolone".

É o chef Pablo Iglesias "Bur" o que nos invita a pasar á súa cociña para coñecer os seus segredos.
Primeiro teremos que confitar a cebola con auga, aceite, azucre, viño branco e algo de tempo. Faremos por outro lado a carne de segredo de porco, ibérico a ser posible, á grella, pero só por un lado porque logo rematarémola no forno. Podo ir poñendo os níscalos tamén na grella e fritir a patacas en panadeira.

Metémolo no forno cunha capa de provolone, poñémolo bonito e a zampar. Podedes revisar a receita completa para comprobar os trucos de Pablo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios