Un novo triunfo da creatividade virtual en Carballo

Rematou cun novo éxito rotundo, terceira edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. 4 días (arrincaba o xoves) de cultura vangardista, 3 días nos que Carballo foi o foco de aetnción de rede internacional máis creativa. Tras ducias de webseries proxectadas, millóns de risas retratadas, e moita, moita cultura masticada, a noite do sábado era a dos Premios. Unha noite especial, cun nome en maiúsculas, como o do humorista Premio Reyes, que recibía o Premio de Honra. O homenaxeado protagonizaba unha das webseries da sección oficial, Pedro Reyes For President, na que se narra a súa chegada á presidencia do goberno cun programa utópico: “honestidade brutal”.
En canto aos premiados deste curso, “El Partido” gaña os galardóns a mellor webserie en imaxe real e mellor dirección, coa súa historia de corrución política. “Poetarras” recuncan no premio á mellor webserie en galego, categoría na que xa foran vencedores hai dous anos, cos seus sketches arterrorísticos. “Orfanato atroz”, do coruñés Antón Varela, gaña o premio á mellor webserie de animación, cunha mención especial para “Niño ratón”. A suíza “Arthur” gaña o premio á mellor webserie internacional, cunha mención especial para a arxentina Aventuras de corazón roto. E o público escolleu a “Beto”. "Liberdade e Orzamento" [fbvideo link="https://www.facebook.com/srtaboop/videos/10154229059189923/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]  

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Carballo Interplay