Mércores. 13.11.2019
El tiempo

FormaCIP: formación audiovisual de vangarda

FormaCIP: formación audiovisual de vangarda
Presentacion do FormaCip do Carballo Interplay Sonia Mendez e a director do Carballo Interplay

Parece convencido o Concello de Carballo de que a formación audiovisual como saída profesional de calidade para a mocidade. Por iso, está en marcha o primeiro fillo do pioneiro Festival de contidos dixitais e webseries “Carballo Interplay”, que nace en clave formativa.

Son 14 os obradoiros que están prantexados de inicio na proposta FormaCIP para desenvolver entre novembro e abril. Obradoiros que servirán para ir quecendo motores de cara á segunda edición do festival.

A directora do festival, Sonia Méndez, que precisamente salta dunha webserie á realidade laboral, quixo deixar claro que o Interplay "non só a nivel estatal, senón tamén a nivel internacional en cidades como Los Ángeles ou Roma”, e apuntou que a segunda edición (en abril 2015) será, aínda, máis ampla, con cabida a novas propostas como a webdocumental ou as curtas.

Repasou tamén os obradoiros que se van levar a cabo, todos a un custe de 20€. Os 4 primeiros obradoiros terán lugar ata fin de semana no FormaCIP e serán o "Meditacións ao redor do 'Eu'. O cinema en primeira persoa", a cargo de Eloy Domínguez Serén; "Operador de cámara HD", con Victor Rodríguez e Oscar Chamorro; e o "Iniciación á edición Profesional con Adobe Premier Pro" con Daniel Viqueira, para o que xa están cubertas as prazas. Para o que aínda hai prazas é para o taller de "Introdución ao son" con Xoán Escudero.

A partir de xaneiro continúan o resto de obradoiros, dos que se dará cumprida información máis adiante das datas, horarios, nº de prazas, etc.: "Guión para ficción televisiva""A Arte da Cinematografía""O xogo co actor""Iniciación ao After Effects""Obradoiro de Créditos""Iniciación á curtametraxe de Ficción""Realización de videoclips musicais""Video experimental, novos medios e formatos""A construción dun arquivo audiovisual local. Proxecto SOCHEO" e, para rematar, "Obradoiro sobre a remontaxe 'Carballo Termomix'".

Este é un Trailer do FORMACIP feito por Isabel Vila, que tamén impartirá un Obradoiro de Créditos dentro do ciclo formativo:

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios