Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Festival de webseries Carballo Interplay xa ten finalistas

O Festival de webseries Carballo Interplay xa ten finalistas
Grabando nas ruas de Carballo para o Festival Interplay

As webseries estanse a establecer como unha alternativa de entretemento cada vez máis consumida polo público e como un novo medio de expresión de novas ideas e narrativas, e este Festival pretende recoñecer estas novas vías de expresión e darlle un valor perante a nosa sociedade. E esa inercia está sendo aproveitada polo I Festival de Webseries “Carballo Interplay”, que entra nunha nova fase.
Unha proposta lanzada dende o Concello de Carballo que fomenta a creatividade e a formación audiovisual, visibilizando e respaldando o desenvolvemento da industria cultural de toda España.

E o éxito da convocatoria está sendo espectacular. Foron máis de 100 as webseries de todo o estado que enviaron a súa candidatura aos Premios, toda unha cifra. Hoxe, a organización vén de presentar os finalistas da sección oficial do Festival, que suman 35 finalistas organizados por bloques. De entre todos os traballos presentados entran tamén a concurso un total de 8 webseries galegas que optarán a diferentes galardóns. Clases de lo Social, co malpicán Santi Romay, ou a proposta carballesa de animación Un Sitio Distinto son algunhas das finalistas.

A finalísima será a fin de semana do 24 ao 26 de abril, optando a un total de 5.000€ en premios. E precisamente durante eses días as finalistas serán proxectadas para que xurado e público en xeral fagan as súas votacións, convertindo Carballo na Cannes ou na Venecia galega, co permiso de Cans, claro.
A Gala de peche desta primeira edición, que incluirá a entrega de premios, celebrarase o sábado 26 de abril ás 20.30 horas no Pazo da Cultura da vila de Carballo.

Talleres formativos

Grabando no Monte Neme para o Carballo InterPlay

Ao longo destes dous pasados meses, o certame incluía tamén unha serie de obradoiros para formar aos candidatos. Fantásticas as sesións de grabación no Monte Neme ou nas rúas de Carballo. E moi interesantes as sesións de aula arredor dun ordenador editando as imaxes para a webserie.

Talleres audiovisuais no Festival Carballo INterplay

Código fonte con Touriñán

A proposta de videocontadas de Embed.at e o seu Código Fonte Audiovisual chegaba ata Carballo (estrea en Galicia) a pasada fin de semana con Xosé A. Touriñán, que falou sobre en o imaxinario audiovisual que proxectamos desde Galicia a través dos vídeos que se poden ver en Youtube. E xa estamos desexando ver o resultado.

As probas

Aquí vos deixamos varios exemplos dos traballos presentados, que nos achegan dende Turismo Carballo:

Este é "Freeklances":

Estas son as "Conversas con Cunqueiro de Acción/reacción":

E esta é "Entre Pipas":


Premios

Os premios do Festival Interplay

O festival de webseries CARBALLO INTERPLAY repartirá 5.200 euros en premios, ademais destes orixinais trofeos, exclusivos para o festival, do artista plástico David Méndez Alonso (MisterTheFreak). Os premios outorgados serán os seguintes:

MELLOR WEBSERIE IMAXEN REAL1.500 euros e trofeo
MELLOR WEBSERIE ANIMACIÓN1.500 euros e trofeo
MELLOR WEBSERIE EN LINGUA GALEGA1.000 euros e trofeo
PREMIO DO PÚBLICO1.000 euros e trofeo
MELLOR ACTRIZ trofeo
MELLOR ACTOR trofeo
MELLOR GUIÓN (AGAG) 200 euros e trofeo

Concertos

Noite de Concertos no Carballo Interplay

Ademais, para completar a fin de semana completa, a noite do venres 25 de abril toca unha boa noite de concertos. Os pontevedreses Unicornibot, Calixta, Bigote Mix, ou os carballeses ARABIAN EVILS, Apart e The Gentlemen Band serán os protagonistas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios