Martes. 23.04.2024
El tiempo

Carballo prepara a cámara para convertirse na Sundance das webseries

Carballo prepara a cámara para convertirse na Sundance das webseries

Xa fixemos un repaso a moitas das series participantes. Unha será esta “Toñito, ti es especial”, a webserie creada no marco dos obradoiros que preceden ao Festiva. Esta e outras 34 participarán no I Festival Carballo InterPlay (CIP) que terá lugar na vila entre o 24 e o 27 de abril.

O Festival, que convertirá á capital de Bergantiños na Venecia das Webseries, pretende ademais convertirse nun “espazo de debate para os creadores do audiovisual e no centro neurálxico para o sector das webseries de toda España”.

Serán 4 días nos que o Pazo da Cultura se convertirá no escenario no que se proxectarán as 35 webseries que participan na sección oficial, escollidas entre unha escolma de 104 presentadas. Pero ademais, no Fórum Carballo haberá espazo para actividades paralelas como unha mesa redonda, unha masterclass, a presenza de Xosé Touriñán que exporá as súas referencias audiovisuais ou incluso dúas sesións vermú con djs.
A programación complétase con dous concertos na Sala Dublín o venres 25 e o sábado 26 de abril.

Presentacion do Festival Carballo Interplay

Sonia Méndez quixo subliñar durante a presentación que, dende que se presentou o festival, xa a primeiros de febreiro de 2014, teñen recibido "moitas mostras de apoio de compañeiros e compañeiras do audiovisual", polo que tan só queda "agardar que haxa bastante poder de convocatoria para que a xente se achegue ao festival". De feito, durante os Premios Mestre Mateo numerosos artistas galegos amosaron o seu apoio á iniciativa.

Durante a presentación, tamén se deron a coñecer os premios do festival, xa que ademais da dotación económica, con 5.200 euros en distintas categorías, os galardoados recibirán unha obra plástica única e orixinal realizada polo artista galego David Méndez Alonso. O festival premiará ás mellores webseries, mais tamén haberá premios á mellor actriz e ao mellor actor, ademais dun Premio do Público e un premio ao mellor guión patrocinado pola AGAG (Asociación Galega de Guionistas).

Concertos

Noite de Concertos no Carballo Interplay Ademais, para completar a fin de semana completa, a noite do venres 25 de abril toca unha boa noite de concertos. Os pontevedreses UnicornibotCalixta, Bigote Mix, ou os carballeses ARABIAN EVILSApartThe Gentlemen Bandserán os protagonistas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios