As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay


Toda o mundo audiovisual relacionado coa produción web en España tiña os ollos postos en Carballo esta fin de semana. O pioneiro, primeiro na península, I Festival de Webseries Carballo Interplay chegou ao seu fin tras 4 días de vertixe cultural, onde a creatividade foi a protagonistas. O Festival serviu para ver e votar ás 35 webseries finalistas, das máis 100 presentadas ao certame, e seleccionar ás mellores. Pero serviu para moito máis.
Carballo convertiuse no punto de encontro de creadores, acolleu un fantástico taller de creación, grabación, edición e promoción audiovisual a través da rede; celebrou un festival musical; vivíu charlas e experiencias novas… un fervedoiro de arte e cultura.


Foron Angelica e Roberta, protagonistas dunha das series que puideron ter sido finalistas pero que non puideron por ser parte da organización, foron as armadanzas, as culpables de convecer ao Concello carballés de levalo a cabo e as encargadas de ser as mestras de cerimonia. E foron as que deron o nome das series premiadas, despois das votacións, destacando a catalana Les Cosas Grandes e as galegas Poetarras e Entre Pipas:
- Premio á mellor webserie en imaxe real: LES COSES GRANS.
- Premio á mellor webserie de animación: Ventura Time.
- Premio á mellor webserie en lingua galega: Poetarras.
- Mención especial á webserie en lingua galega Palabras contadas.
- Premio ao mellor guión, concedido por AGAG: Entre Pipas - La Serie.
- Premio á mellor interpretación feminina: Mar Ulldemolins por Les cosas grandes.
- Premio á mellor interpretación masculina: Xulio Abonjo e Luis Zahera por Entre Pipas.
Moito máis que series
Como dicimos, o Carballo Interplay foi moito máis que un festival de series. Coma se fose o Sundance das webseries, numerosas actividades aconteceron paralelas á proxección das 35 finalistas. Como a presentación do proxecto Código Fonte, da man de Xosé Touriñán. Unha viaxe polos clichés que percorreron a súa vida dende cativo, dende Songoku ata Mareas Vivas, pasando polo Centenariazo. Unha boa viaxe pola “rede” dos anos 90.

Les cosas grandes
Entre Pipas
Poetarras
Máis información
Novas relacionadas
- Carballo Interplay: En marcha o primeiro Festival de Webseries de España.
- Carballo prepara a cámara para convertirse na Sundance das webseries.
- O Festival de webseries Carballo Interplay xa ten finalistas.
- En marcha o I Festival de webseries Carballo InterPlay (CIP).
- Santi Romay necesita “Clases de lo Social”.
- Os homes que sabía demasiado chegan co 8º capítulo de Un Sitio Distinto.
- 3 premos para a Costa da Morte nuns Mestre Mateo con sabor a Pico.
- Lois Patiño colleita un novo premio coa súa Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).