15 equipos xa están apuntados para o Maratón Solidario 3x3 de Vimianzo
Como xa vos comunicamos, a A.X. Cherinkas organiza a cuarta edición do Maratón de fútbol 3x3. Este venres ás 21:30 horas terá lugar o sorteo, hora na que se pechará o prazo de inscrición de equipos. Este ano o maratón encádrase dentro da iniciativa da Plataforma Solidaria das asociacións do Concello de Vimianzo, polo que a recadación nas inscricións será donada para accións solidarias.
Ata o de agora un total de 15 equipos (Cee, Berdoias, Caxadas, Castrelo, Carantoña, Dumbría e Vimianzo) xa confirmaron a súa presenza. O maratón discurrirá durante todo o día do sábado. A hora prevista de comezo dos partidos dependerá do número de equipos, e está previsto para as 11h. da mañá. Haberá unha fase previa por grupos que garantizará un mínimo de 3 partidos por equipo. - DATA: Sábado 28 de decembro - LUGAR: Pavillón Municipal de Vimianzo - INSCRICIÓN: 20 Euros (Telf: 686605380). Máximo 5 xogadores. O prazo estará aberto ata o día do sorteo. - SORTEO: Venres 27 ás 21:30h. no Bar London - Haberá premios para os 4 primeiros clasificados.
Novas relacionadas
- A Cherinkas artella un Maratón Solidario 3×3.
- Xa temos o primeiro Álbum completo en Vimianzo.
- Dafit márcanos un reto.
- A Cherinkas na Gala do Álbum.
- A lenda da petanca da Cherinkas continúa a golpe de torneo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).