A Cherinkas artella un Maratón Solidario 3x3
 
          
    08:08 11/12/13 
             
Non para a Asociación Xuvenil Cherinkas, e xa está de novo en marcha para organizar, en colaboración co Concello de Vimianzo, a cuarta edición do Maratón de fútbol 3x3. 
Este ano o torneo encádrase dentro da campaña solidaria organizada polas asociacións do Concello de Vimianzo, polo que a recadación, descontados os gastos, será destinada para fins solidarios.
O maratón desenvolverase o sábado 28 de decembro no Pavillón Municipal de Vimianzo. A inscrición custa 20 € e poden facela no Telf: 686605380 ou por correo a conta de facebook da A.X.Cherinkas.
O prazo estará aberto ata o día do sorteo, que será o venres 27 ás 21:30h. no Bar London. Hai un máximo 5 xogadores por equipo, e haberá premios para os 4 primeiros clasificados.
Novas relacionadas
- Xa temos o primeiro Álbum completo en Vimianzo.
- Dafit márcanos un reto.
- A Cherinkas na Gala do Álbum.
- A lenda da petanca da Cherinkas continúa a golpe de torneo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
 
       
       
             
             
             
         
           
          