Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Dafit márcanos un reto

Dafit márcanos un reto
Dani Lema e Damián Espasandín lanzan o seu proxecto DAFIT-Foto-David Queijas

Que importante é marcarse obxectivos na vida. Tanto a nivel emocional, profesional como físico. E se non que llo pregunten a JaviMos e ao seu reto #AdelgazaMos

Pero hoxe imos coñecer Dani Lema e Damián Espasandín son un par de apaixoados do deporte que queren levalo un paso máis adiante. A súa proposta empresarial baséase nun concepto singular e novedoso na Costa da Morte como é o adestramento persoal. I é que ir ao ximnasio non é só poñerse a correr pola cinta, nin poñerse alevantar pesas coma un tolo. Se non que require organización e asesoramento.

E niso consiste o proxecto Dafit Entrenamento Persoal e Ocio. O primeiro, poñerse un onxectivo, un reto, xa pensando no 2014. E a partir de aí Dani e Damián xa preparan un adestramento personalizado para coidar a túa saúde e mais para poñerte ben en forma.

Teñen as súas instalacións na piscina de Cee pero tamén fan servizos a domicilio. Vaia luxo traer a este par de bos mozos á casa...

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios