1ª Autonómica: Intratable Soneira nunha negra xornada costeira
Non cede o cadro soneirán e suma xa 8 partidos sen coñecer a derrota cedendo tan só un empate. Os de Manolito sumaron unha xusta vitoria ante un Corme que ademais volve sufrir unha lesión de Alejo, un dos seus homes máis importantes.
Polo demais, pleno de derrotas caseiras, pois nin Sofán, nin Baio, nin Malpica nin Outes conseguiron sumar nos sues campos.
Corme - Soneira (1-4)
- Corme: Suso, Diego (Alejandro, m.46), Dani Cousillas (Brais Torrado, m.79), Jesús, Sergio (Eloy, m.46), Toniño (Adolfo, m.71), Brais Corral, Adrián Doldán (Josiño, m.66), Juan Chans, Lucas e Alejo.
- Soneira: Anxo; Cristian Figueroa, Pichi, Alberto, Maikel, De la Sierra (Martín, m.75), Sandelo, Richi (Darío, m.60), Basti, Alberto Vía (Óscar, m.79) e Javi.
- Goles: 1-0, m.4: Alejo de penalti; 1-1, m.18: Vía Rápida; 1-2, m.20: Basti a centro de Figueroa; 1-3, m.76: Basti a centro de Figueroa; 1-4, m.77: Vía Rápida a centro de Darío.
Derrota e lesión
Saíulle caro o derbi ao Corme, pois ademais da derrota leva unha nova lesión, a de Alejo, que volvíu saír moi tocado do xeonllo.
11 goles suma xa Basti, polos 5 de Vía Rápida, entre ambos suman máis tantos que 11 equipos da categoría. Foi clave o acerto dos puntas soneiráns para que o cadro de Manolito e Roland manteña o liderato da categoría. O Soneira chegou mandón ao Cairo, quitoulle o balón a todo un Corme e se dispuxo a entrar por bandas. Pero antes de asentarse, Alejo metía por diante aos locais dende os 11 metros. Figueroa avisaba en varias internadas, cun centro chut perigoso e cun centro que Basti mandou arriba.
En dous minutos Vía e Basti daban a volta ao marcador, deixando un final da primeira metade algo menos movido. Tivo Alejo o empate antes do descanso pero defensa nunha ocasión e Anxo noutra desbarataron o segundo.
Intentou o Corme na saída da segunda facer o seu fútbol combinativo e tivo bos minutos, con algunha chegada de Lucas.
Pero de novo dous zarpazos dos puntas soneiráns daban ao traste co traballo dos locais. Cristian Figueroa volvía facer dano pola banda e centraba para que Basti rematase o terceiro, e na seguinte xogada era Darío o que centraba para que Vía fixese o cuarto, se cadra castigo excesivo para os cormeláns que remataban o choque lamentando outra lesión de Alejo. O punta cormelán sufría noutro xeonllo, aínda san, nunha xogada desafortunada e pode que pase unha longa tempada fóra dos terreos de xogo.
Malpica - Sigüeiro (0-1)
- Campo: A Pedra Queimada.
- Malpica: Asier; Casais, Carlos Mallo, Kike, Ó. Moscoso; Martín Uru, Petís, (Víctor m.77), Martín Mara, Sergio, (Dímaga m.51), Almeida, (Juny m.46) e Charro.
- Sigüeiro: Dani; Oscarín, Borxa (Forján m.57), Ferro, Isma, Gago, Chema, Maroño (Manu m.81), Jess, (Álvaro m.84), Luís (Vasile, 66) e Arnejo (Yoday m.91)
- Árbitro: Insua Lago (A Coruña).
- Gol: 0-1 m.75 Vasile.
A peor versión do Malpica
Un mes sen puntuar, sen deixar boas sensacións e sen invitar ao optimismo sembran de dudas a realidade do Malpica, que onte non foi quen de superar a un Sigüeiro que apenas fixo méritos para gañar. Os bergantiñáns apenas desfrutaron de tres achegamentos en todo un partido marcado polos erros en pases sinxelos e por unha intensidade baixa.
Sofán - Agolada (1-2)
- Campo: O Carral.
- Sofán: David Insua, Adrián (Martín, m.70), Javi Souto (Felipe, m.60), Félix, Sito, Rubén, Brais (Raúl Insua, m.68), Iván Rey, Luís, Alex Pri (Raúl, m.54) e Javi Doldán.
- Goles: 0-1, m.27: Aitor Hurtado; 0-2, m.51: Aitor Hurtado; 0-3, m.72: Aitor Hurtado; 1-3, m.75: Raúl Insua.
Sorpresa no Carral
Deixouse sorprender o Sofán ante un Agolada moi intenso e ben plantado que aproveitou o día redondo do seu dianteiro. Completou un triplete Aitor ante unha defensa carballesa máis feble do habitual, que deixou escapar unha primeira metade levando un 0-1 ao descanso que puido ser maior. Despois de media hora fóra do partido, foise entonando a SD e acabou a primeira metade con varias ocasións, pero un pau de Brais e un par de paradas a tiros de Javi Doldán e Iván Rey deixaban a vantaxe para is vistantes.
Saíu demasiado obsesionado o Sofán na segunda, e en dúas contras o Agolada tiña resolto o choque.
Baio - Val do Ulla (0-1)
- Baio: Pablo, Yago (Peke, m.62), Porto, Mario, Eloy (Luís Alvite, m.71=, Norber, Fachal, Moreno, Luís (Rubio, m.75), Christian e MC.
- Gol: 0-1, m.14: de penalti.
Un inocente penalti
Un inocente penalti por unhas mans decantou o partido para o Val do Ulla no Platas Reinoso. Non é que fose o mellor partido do Baio, pero o Val do Ulla apenas tirou esa vez a gol e levou un premio excesivo. Pechouse atrás tras atoparse co tanto, e non permitiu apenas ocasións.
A ocasión máis clara do Baio, chegou nos pés de MC a cinco minutos do final pero o porteiro fixo un paradón cando xa se cantaba o gol nas bancadas. En definitiva, un partido que era de 0-0, pero esta tempada nin nestes está tendo sorte o cadro baiés.
Outes - Tordoia (1-3)
- Outes: Ángel, Borja, Samu, Pose (Babu), Maroñas, Martín (Chía), Jorge (Davi), Piki, Elías, Yago (Jura) e Mario.
- Goles: 0-1, m.44; 0-2, m.53: 0-3, m.60: Borja en propia; 1-3, m.89: Davi de penalti claro sobre Chía.
Superados
Foron superados os de Manu Roque por un Tordoia ao que non souberon contrarrestar. Fáltalles un punto para competir cara a cara a este Outes, pero co compromiso de todo o plantel non ha de ser complicado de superar.
O domingo, tras unha primeira metade igualada, o Tordoia adiantábase no último minuto. Fixo dano ese gol e nos primeiros 15 minutos da primeira metade os visitantes sentenciaban o partido, só puideron recortar os da Serra, dende os 11 metros e xa con todo o peixe vendido.
Crónicas da 1ª Autonómica
- X.1: O Soneira colócase líder pero a Costa mereceu máis.
- X.2: Un Soneira imperial.
- X.3: Recital dos sonei-boys.
- X.4: Unha dupla que vale un liderato.
- X.5: 6 minutos de acerto.
- X.6: Así tamén vale.
- X.7: Sequía entre baños.
Crónicas da semana
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).