martes. 01.07.2025
El tiempo

A inclusión e a accesibilidade serán as protagonistas da VIII Carreira do Apóstolo de Vilaño

A inclusión e a accesibilidade serán as protagonistas da VIII Carreira do Apóstolo de Vilaño

A oitava edición da Carreira do Apóstolo e Andaina Solidaria de Vilaño, A Laracha, reafirma o seu compromiso cun deporte inclusivo e accesible como ferramenta para crear comunidade. A organización anima a todas as persoas da provincia da Coruña a acercarse a Vilaño o sábado da semana que vén (12 de xullo) para desfrutar desta gran festa do
deporte.

O evento, organizado pola Asociación Cultural Adro de Vilaño, reforza o seu espírito comunitario cunha aposta clara pola accesibilidade: a carreira absoluta redúcese de 10 km a 7 km e a Andaina Solidaria pasa de 3,8 km a 3,5 km, facilitando a participación de persoas con diferentes condicións físicas en calquera das dúas actividades. Ambas probas están abertas a todas as idades con distancias adaptadas e cun prezo de 6€ para adultos e gratis para menores de idade. Este ano, engádese unha MasterClass gratuita de Salsation (baile fitness) para que cada un desfrute do deporte á súa maneira durante a xornada.

Ademais, gracias á colaboración coa Fundación ENKI, todas as persoas que necesiten material deportivo adaptado poderán solicitalo de forma gratuíta enviando un correo a deporte@enkiproyecto.com ou a través da súa web oficial:
https://www.enkiproyecto.com/prestamo-material-deportivo. Neste contexto, o colectivo Empujando Sonrisas, cuxo obxectivo principal é difundir una mensaxe de inclusión e integración dentro do mundo do atletismo popular, xa confirmou a súa
presenza na proba.

  • Inscricións na web de carreiras galegas: https://www.carreirasgalegas.com/events/viii-carreira-popular-do-apstolo/vojQz1lx
  • Inscricións presenciais: Concello da Laracha, na Piscina Municipal, no centro de entrenamento Tempo e en Cultiagro.

Comentarios