luns. 23.06.2025
El tiempo

Recepción das patinadoras da Escola Lubiáns tras acadar o título de campioas galegas na modalidas "ShoW"

Recepción das patinadoras da Escola Lubiáns tras acadar o título de campioas galegas na modalidas "ShoW"

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, recibiron esta mañá ás patinadoras do Escola Lubiáns – Garaysa, que veñen de proclamarse campioas galegas de patinaxe artística da 2º categoría, na modalidade Show.

O equipo, composto por 19 patinadoras de doce a vinte anos de idade, xa acadaran a pasada temporada o subcampionato galego, unha excelente marca que superaron este ano. O equipo, adestrado por Pilar Añón, Lucía Dubra e Petu Añón, participaron na competición galega, disputada nas Pontes, cunha coreografía titulada Baixo control.

Tanto o alcalde coma o concelleiro de Deportes puxeron en valor o traballo que está a desenvolver Escola Lubiáns en xeral, e as integrantes do equipo de patinaxe artística en particular. Evencio Ferrero e Daniel Pérez felicitaron ás deportistas e animáronas a seguir superándose, pero, sobre todo, convidáronas a desfrutar do deporte e dos valores que representa.

O equipo que vén de proclamarse campión galego está formado por Lucía Rodríguez, María Rey, Eugenia López, Mara Rodríguez, Uma Eirís, Cayetana Pardiño, Sara Cotelo, Claudia Trigo, Valeria Tasende, Sara Pena, Ana Velo, Andrea Allo, Alba Suárez, Iris Rodríguez, Valeria Castro, Martina Suárez, Mencía Mañana, Celia Fernández e Gabriela Costa.

Comentarios